Pepa Pardo acusa a PSOE e BNG de "enganar os galegos" cos xulgados de violencia de xénero
Por Redacción
Pepa Pardo, concelleira do Partido Popular de Pontevedra, cualifica de "engano aos galegos" o pacto de investidura de Pedro Sánchez, co acordo entre PSOE, BNG, Sumar e outras formacións políticas.
O motivo é que o goberno non ten previsto dotar á cidade de Pontevedra de ningún xulgado específico de violencia de xénero. Lembra que, en novembro, se asinou a creación de cinco novos xulgados extraordinarios de violencia contra as mulleres nas cidades de Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.
O goberno central anunciou a dotación de 70 novas unidades xudiciais nas últimas horas e non se contempla a creación de ningunha de violencia de xénero en Galicia.
"O pacto dos socialistas e os nacionalistas non se vai cumprir", afirma Pepa Pardo, "era mentira".
Acusa a Ana Pontón, portavoz do BNG, de vir a Pontevedra "a vendernos" que o apoio á investidura de Pedro Sánchez poñía á cidade na axenda do Goberno coa creación dun dos xulgados de violencia de xénero prometidos.
"O BNG deixouse enganar, de novo, polo PSOE", expón Pardo, que asegura: "o BNG non pinta absolutamente nada en Madrid" acusando a formación nacionalista de ser incapaz de defender os intereses da cidade, da comunidade autónoma e das vítimas de violencia de xénero.
Relacionadas:
-
O acordo BNG-PSOE para a investidura resucita o paseo a Marín cando "a decisión que se adoptara era non facelo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Carme da Silva fai entrega en Madrid da súa credencial como Senadora
Por Redacción |
-
O BNG preséntase como dique de contención contra a dereita, que, "de ganchete con Vox", pretende "borrar as mulleres"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os xulgados de violencia de xénero especializados e comarcalizados, prioridade para presidentes de audiencias de toda España
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |