Carme da Silva fai entrega en Madrid da súa credencial como Senadora
Por Redacción
Néstor Rego e Carme da Silva, representantes do BNG en Congreso e Senado respectivamente, presentaron este xoves en Madrid a súa credencial como representantes electos para a próxima constitución das cámaras que terá lugar o vindeiro xoves día 17 de agosto.
Da Silva, elixida para o Senado por designación autonómica, compaxinará o seu labor co posto de edil no Concello de Pontevedra.
"É preciso avanzar en políticas sociais, por exemplo coa creación de xulgados de violencia de xénero en todas as cidades galegas, un compromiso do anterior mandato e incumprido polo Goberno. Así mesmo, será central os compromisos para loitar contra a crise industrial na Galiza e, en materia ambiental, o freo ao espolio eólico e a rexeneración das rías entre outros", explica a pontevedresa en relación aos desafíos que ofrece a próxima lexislatura.
Pola súa banda Néstor Rego, deputado no Congreso pola Coruña, afirmou que "hai catro anos apoiamos a investidura de Pedro Sánchez e o BNG está en disposición de falar para que isto sexa así de novo, mais será a cambio de avanzar na axenda galega, de que os intereses do noso país estean recollidos no programa de Goberno e que haxa a vontade explícita de cumprir eses compromisos e mecanismos garantistas de verificación".
Ambos os dous representantes reiteraron o seu compromiso de que a presenza do Bloque Nacionalista Galego en Madrid sirva para dar voz aos intereses de Galicia.
Relacionadas:
-
Pepa Pardo acusa a PSOE e BNG de "enganar os galegos" cos xulgados de violencia de xénero
Por Redacción |
-
Carme da Silva deixa o Concello para centrarse no Senado: Será a "concelleira número 10", destaca o alcalde
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Carme da Silva toma posesión do seu escano no Senado "en memoria de Alexandre Bóveda"
Por Diego Espiño |
-
O Parlamento galego designa a Carme da Silva como unha dos tres senadores que representarán a Galicia
Por Redacción |
-
O BNG propón que Carme da Silva sexa senadora por designación autonómica
Por Natalia Puga |