O programa de atención integral realizado pola Asociación Amizade alcanzou a máis de 70 persoas con discapacidade
Por Redacción
A asociación Amizade, de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra, levou a cabo durante o 2023 o programa de atención integral para persoas con discapacidade, o cal consiste en ofrecer unha serie de servizos e actividades que buscan a mellora da calidade de vida e da autonomía persoal das persoas con discapacidade.
As beneficiadas foron máis de 70 persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial, orgánica, mental ou mixta, así como as súas familias e a contorna.
Dentro dos servizos e actividades máis demandados e prestados atópanse fisioterapia, logopedia, apoio psicolóxico, ximnasio adaptado, obradoiro de ocio, servizo de información e asesoramento, reunións de empoderamento da muller con discapacidade, saidas de ocio, entre outras.
Tamén se realizan charlas de sensibilización en colexios e reunións de incidencia política, así como un servizo de accesibilidade para quen o precise.
Dende a asociación, animan a todas as persoas a que marquen o cadro da X Solidaria para que programas como éste poidan seguir existindo e dando cobertura a aquelas necesidades presentes na sociedade.
Amizade creouse no ano 1988 promovendo e defendendo os dereitos das persoas con discapacidade así como a súa inclusión nos diferentes ámbitos da vida. Forma parte da Confederación Galega de persoas con discapacidade (COGAMI).
Relacionadas:
-
Xornada de deporte adaptado en Montero Ríos para "sensibilizar á sociedade"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Demanda socialista dunha rede de aseos inclusivos accesibles durante as 24 horas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Chegan as celebracións de Nadal para as persoas usuarias de Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Amizade reclama melloras na accesibilidade ao Parque Natural Río Barosa
Por Redacción |
-
Amizade pide que se manteñan as prazas de estacionamento reservadas en Barcelos
Por Redacción |