Chegan as celebracións de Nadal para as persoas usuarias de Amencer-Aspace
Por Redacción
Persoas usuarias de Amencer-Aspace celebraban nas últimas horas o seu tradicional festival no que dan a benvida ao Nadal e despiden o curso ata a chegada de 2024.
Estudantes do Centro de Educación Especial, que esta asociación ten en marcha en Lourizán, representaban a obra 'Cartas no Bosque' no auditorio do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra.
Ao longo do espectáculo destacábase a importancia de valores como a amizade e do goce dos momentos felices de cada vida. O público asistente vibrou coas actuacións dos novos intérpretes.
Ademais, durante o acto, recoñecíase o labor desenvolvido por persoas e empresas que ao longo do 2023 se implicou especialmente co colectivo de persoas con parálise cerebral e coas súas familias.
Anabel Gulías, concelleira de Benestar Social, recibiu o galardón polo seu especial apoio persoal e profesional á entidade, en especial en relación co proxecto de construción da nova vivenda residencial que Amencer-Aspace terá nas instalacións do Centro Sur, unha das reivindicacións históricas de familiares de persoas usuarias da asociación.
Tamén se recoñeceu á empresa Zapaterías Krack polo proxecto "zapatillas solidarias" ao recadar máis de 11.000 euros, diñeiro que se destinará ao pago de sesións de rehabilitación para persoas usuarias que, por motivos económicos, non poden asumir estas atencións.
Relacionadas:
-
O Pazo da Deputación acolle unha exposición sobre a importancia da atención temperá na parálise cerebral
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O programa de atención integral realizado pola Asociación Amizade alcanzou a máis de 70 persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Amencer-ASPACE conmemora o Día Mundial da Parálise Cerebral con actividades de concienciación en centros educativos
Por Oskar Viéitez |
-
Zapatillas solidarias inspiradas nunha pintura creada por persoas de Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Amencer-Aspace agarda iniciar a súa actividade na residencia de Centro Sur en setembro de 2023
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |