Sanxenxo mostrará en Fitur que ten atractivo turístico os 365 días do ano
Por Redacción
Sanxenxo mostrará en Fitur, entre o 24 e o 28 de xaneiro, o seu potencial turístico e a súa oferta diferenciada para os 365 días do ano.
Baixo o slogan “Sanxenxo 365 días diferentes”. Cada día, cada fin de semana, cada estación é diferente en Sanxenxo, o municipio líder do norte de España durante o verán mostrará xa nos tótems da entrada á feira a súa variada oferta a través de oito imaxes.
Á cita acudirán a primeira tenente de alcalde de Sanxenxo, María Deza; o concelleiro de Turismo, Juan Deza, como representantes do Concello e a edil de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez, a través da Mancomunidade do Salnés.
Nelas pódese ver o roteiro de sendeirismo de Dorrón que evoca a paisaxe verde, unha parella de flamencos na lagoa de Rouxique en Vilalonga como potencia do turismo ornitolóxico; dous pescadores entre Punta Corveiro e Punta Faxilda mostrando as posibilidades deportivas e paisaxísticas; aparellos no porto de Portonovo que reflicten a riqueza gastronómica e a actividade pesqueira; a regata do campionato de Europa da Clase 6 Metros como símbolo dos deportes náuticos; unha muller gozando dun spa que evoca o turismo de saúde e benestar, vistas do Paseo de Silgar iluminado como referente comercial e a capela da Lanzada, icona do patrimonio de Sanxenxo.
Ademais, Sanxenxo dispoñerá, por cuarto ano consecutivo, cun espazo propio na caseta de Turismo de Galicia no que se elixiu como imaxe unha fotografía da praia de Canelas na que se aprecia o areal no seu estado natural e a beleza da Ría de Pontevedra, así como a calidade das súas augas. Unha calidade indispensable para manterse como líder en bandeiras azuis no territorio español. Hai que lembrar o esforzo de Sanxenxo por manter a calidade das súas augas cun investimento de 36 millóns de euros na mellora das redes de abastecemento, depuración e saneamento de auga.
As imaxes dos tótems e da caseta foron cedidas pola Asociación Ollares de Portonovo e o Real Club Náutico de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Sanxenxo amosa en Fitur as súas bazas para ofrecer "365 días diferentes"
Por Redacción |
-
"100% Rías Baixas" é o lema da campaña de promoción turística da Deputación coa auga como elemento vertebrador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
467 barcos de dez países recalaron en 2023 no porto de Sanxenxo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A praia de Areas está irrecoñecible
Por Oskar Viéitez |
-
Os Magos de Oriente percorreron Sanxenxo en descapotables repartindo 600 quilos de caramelos
Por Oskar Viéitez |
-
O PP afea a "falta de iniciativas turísticas" de Pontevedra e interésase pola súa presenza en Fitur en xaneiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O Entroido de Cobres xa ten web e imaxe de marca propia
Por Redacción |