Unha condutora resulta ferida nun accidente en Cambados
Por Anxo Lourido
Este luns 8 de xaneiro rexistrábase un accidente, a primeiras horas da mañá, na Avenida de Vilariño, no municipio de Cambados.
O vehículo saía do seu carril impactando contra outro turismo á altura do Garaje Silvoso.
Foi necesario o traslado da condutora, de 28 anos e veciña de Cambados, ao Hospital do Salnés. Queixábase de dores cervicais e torácicas.
Ao lugar acudían efectivos do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados do mesmo xeito que axentes da Policía Local e unha ambulancia do 061.
Relacionadas:
-
Excarceran un condutor de 37 anos que impactou contra un muro en Cambados
Por Redacción |
-
Un neno de 8 anos e dous adultos resultan feridos nun accidente en Meaño entre un taxi e un turismo
Por Anxo Lourido |
-
Causa danos no mobiliario urbano de Cambados co seu Golf e dá positivo en alcoholemia
Por Anxo Lourido |
-
Falecen unha muller e a súa filla en Cambados ao impactar un camión cisterna cun turismo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Catro persoas resultan feridas. unha delas grave, nun accidente entre dous turismos nunha rotonda de Ribadumia
Por Anxo Lourido |
-
Sae da vía, impacta contra unha vivenda en Cambados e dá positivo en alcohol
Por Anxo Lourido |