Sae da vía, impacta contra unha vivenda en Cambados e dá positivo en alcohol
Por Anxo Lourido
A Garda Civil abriu dilixencias contra o condutor dun turismo que ofreceu resultado positivo na proba de alcoholemia durante a madrugada deste xoves 28 de decembro despois de perder o control do vehículo e, tras saír da vía, impactar frontolateralmente contra unha vivenda na parroquia de Corbillón, no municipio de Cambados.
O condutor é un mozo de 24 anos e veciño de Cambados. O servizo de Emerxencias do Concello cambadés trasladábase ata a zona para atender aos catro ocupantes do vehículo que circulaba pola estrada PO-549.
O mozo que conducía sufría dor cervical, mentres que o copiloto, de 21 anos e veciño de Meis, tamén presentaba dor cervical. Ambos foron evacuados ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061.
Os outros dous ocupantes rexeitaron a asistencia sanitaria que se lles ofreceu no lugar do accidente.
Os danos materiais causados son de importancia tanto na parte frontal do turismo como na parede exterior da casa debido ao brutal impacto.
Na intervención participaron a Garda Civil de Cambados, axentes da Garda Civil de Tráfico, a ambulancia do 061 e Atestados, ademais de Emerxencias de Cambados.
Relacionadas:
-
Unha condutora resulta ferida nun accidente en Cambados
Por Anxo Lourido |
-
Causa danos no mobiliario urbano de Cambados co seu Golf e dá positivo en alcoholemia
Por Anxo Lourido |
-
Falecen unha muller e a súa filla en Cambados ao impactar un camión cisterna cun turismo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Causa danos en dous postes da luz nun accidente en Cambados sen que se rexistraran feridos
Por Anxo Lourido |
-
Un bebé e dous nenos de sete e oito anos, evacuados tras un accidente en Meaño
Por Anxo Lourido |
-
Feridas dúas condutoras que impactaron nun accidente na PO-300 en Cambados
Por Redacción |
-
Unha condutora resulta ferida nun accidente en Ribadumia
Por Redacción |