Visita de traballo do subdelegado do Goberno ás oficinas de Michelena e Praza de España
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, achegábase este luns ás distintas dependencias da Subdelegación do Goberno na cidade de Pontevedra.
A visita comezou no edificio principal da Praza de España onde se atopan, entre outras, as dependencias da área de Industria e Enerxía, a área de Persoal ou a Unidade contra a Violencia sobre a Muller. Continuou nas oficinas da rúa Michelena, que acollen as áreas de Agricultura e Pesca e Traballo e Inmigración.
"Os funcionarios debémonos ao cidadán e por iso é fundamental ofrecer uns servizos públicos modernos, inclusivos e eficaces cos que facer máis próxima esta parte da Administración do Estado á sociedade", destacou Abel Losada, quen ocupa o cargo dende o pasado 26 de decembro.
O percorrido serviu para tomar contacto e coñecer de maneira persoal os integrantes do corpo de funcionarios das diferentes unidades e dependencias da Subdelegación, así como para supervisar o funcionamento e os servizos prestados en cada unha delas.
Relacionadas:
-
"A área urbana Vigo-Pontevedra existe, é unha obviedade. A realidade económica, demográfica e funcional está aí"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Subdelegación de Abel Losada, "un antídoto aos negacionismos e un altofalante para a política útil"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O subdelegado do Goberno visita a Comisaría Provincial da Policía Nacional
Por Redacción |
-
Xa é oficial, Abel Losada é o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra
Por Natalia Puga |