A cuarta 'Gala de meisinas e meisinos do ano' celébrase o 27 de xaneiro
Por Anxo Lourido
A cuarta edición da Gala de meisinas e meisinos do ano xa ten data de celebración.
Será o sábado 27 de xaneiro a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal do Mosteiro no Concello de Meis.
Durante o evento premiarase a diversas asociacións, entidades e persoas particulares do municipio polo labor desenvolvido durante o último ano.
A presentación da gala correrá a cargo de Terio Carrera, xornalista deportivo da CRTVG.
Ademais, durante a gala, actuarán a Banda de Música da Vertula, unha agrupación con máis de tres décadas de traxectoria; Raúl & Cia; e Ángeles Lago, vocalista viguesa.
O acto está promovido polo Concello de Meis e tradicionalmente conta coa presenza de numeroso público.