Denunciado un condutor bébedo tras intentar evitar un control de alcoholemia circulando en sentido contrario
Por Redacción
A Policía Local de Poio denunciou este venres un condutor deu positivo na proba de alcoholemia despois de intentar evitar un control accedendo a unha rúa en sentido contrario.
Todo sucedeu sobre as 14:00 horas deste venres, cando a Policía Local realizaba un control preventivo na zona de Campelo.
Un condutor observou a presenza dos policías e fixo unha manobra para evitar pasar polo control circulando en sentido contrario, pero finalmente foi localizado.
Os axentes realizáronlle a proba de alcol deu un resultado positivo de 0,76 e 0,79 miligramos de alcol por litro de aire expirado.
A Policía Local denunciouno por un delito contra a seguridade vial e será sometido a un xuízo rápido en Pontevedra.