Arrestado en Poio un individuo cunha orde de detención
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo na mañá deste sábado a un home de 31 anos sobre o que había unha orde de procura, detención e comparecencia no Xulgado de Instrución número dous de Pontevedra.
Os axentes municipais foron a notificar outra citación xudicial a esta persoa e ao verificar os numerosos antecedentes do individuo comprobaron que tamén tiña unha orde de detención en vigor.
Dita orde imputalle delitos contra o patrimonio. Roubos e furtos, principalmente.
Este mesmo sábado este home pasou a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Un condutor ebrio que carece do carné sae da vía e embiste un coche aparcado
Por Oskar Viéitez |
-
Tan só detectan unha infracción nun control de 25 vehículos de transporte escolar
Por Redacción |
-
Un lavadoiro de San Xoán de Poio, danado polo accidente dun coche
Por Redacción |
-
Arden de madrugada e por completo dous vehículos aparcados na rúa Oliveira, en San Salvador
Por Diego Espiño |
-
Denunciado un condutor bébedo tras intentar evitar un control de alcoholemia circulando en sentido contrario
Por Redacción |