Un condutor ebrio que carece do carné sae da vía e embiste un coche aparcado
Por Oskar Viéitez
Na mañá deste domingo produciuse un accidente de tráfico na Avenida Peirao de Besada, no municipio de Poio.
Segundo informou a Policía Local, o accidente de circulación produciuse nunha saída de vía dun vehículo que invadiu o carril contrario ata chocar contra un turismo que estaba correctamente aparcado.
O sinistro ocorreu as 9.50 horas deste domingo e nel non se rexistraron danos persoais.
Os axentes municipais acudiron ao lugar do accidente e someteron ao único condutor implicado ás probas de alcoholemia lanzando un resultado positivo de 0.85 miligramos por litro de aire expirado na primeira proba e de 0.89 na segunda.
Esta taxa de alcoholemia é constitutiva dun delito contra a seguridade viaria, de modo que as dilixencias instruídas pola Policía Local de Poio serán trasladadas ao xulgado de garda para celebración dun xuízo rápido.
Pero é que, ademais, os policía comprobaron que este condutor carece de permiso de conducir ao non realizar o curso obrigatorio despois de ter varias suspensións xudiciais.
A Policía Local elaborou un informe técnico de accidente para a reclamación de danos.
Relacionadas:
-
Un taxista dá positivo na proba de alcohol en Raxó despois de impactar contra un camión
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Vinte e catro persoas perderon a vida nas estradas da provincia o pasado ano
Por Oskar Viéitez |
-
Tan só detectan unha infracción nun control de 25 vehículos de transporte escolar
Por Redacción |
-
Arrestado en Poio un individuo cunha orde de detención
Por Redacción |