Tan só detectan unha infracción nun control de 25 vehículos de transporte escolar
Por Redacción
A Campaña de Control de Vehículos de Transporte Escolar que levou a cabo a Policía Local de Poio do 22 ao 26 de xaneiro saldouse con 25 autobuses revisados e unha soa infracción.
Tratouse dunha denuncia administrativa relacionada con distintivos de luminosidade. O resto de requisitos foron correctos.
Non se detectou ningún caso positivo nas probas de alcol e drogas que levaron a cabo entre os condutores.
A maioría dos accidentes que se producen durante o transporte escolar teñen lugar no momento de subir ou baixar do vehículo, ou nos instantes inmediatos e en moitos casos trátase de atropelos causados por unha distracción do menor, do condutor do transporte escolar ou dos acompañantes.
Relacionadas:
-
Un condutor ebrio que carece do carné sae da vía e embiste un coche aparcado
Por Oskar Viéitez |
-
Arrestado en Poio un individuo cunha orde de detención
Por Redacción |
-
Dous detidos nun operativo contra o trapicheo de drogas en Virxe do Camiño e Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un lavadoiro de San Xoán de Poio, danado polo accidente dun coche
Por Redacción |
-
Arden de madrugada e por completo dous vehículos aparcados na rúa Oliveira, en San Salvador
Por Diego Espiño |