VÍDEO.- Teresa Abelleira e Daniel Froiz agradecen o recoñecemento desde a distancia
Por Natalia Puga
Os condecorados cos premios Cidade de Pontevedra 2023, Teresa Abelleira como persoa física e Matriuska Producciones como persoa xurídica, non puideron trasladarse este sábado para recibir o recoñecemento en persoa durante o pleno de honra celebrado no Teatro Principal.
Nunca antes sucedera esta circunstancia en Pontevedra e, para compensalo, enviaron un vídeo de agradecemento, os dous en galego. Ademáis, durante a sesión plenaria, os irmáns de Teresa Abelleira e de Daniel Froiz, creador de Matriuska Producciones, leron un discurso no seu nome.
A futbolista pontevedresa campioa do mundo non pode acudir por atoparse en plena tempada co Real Madrid e manifestou no seu vídeo que lle fai "moita ilusión" recibir este recoñecemento, pois, para ela, "é un orgullo levar a miña terra polo mundo adiante".
"Síntome orgullosa de dicir que son dunha cidade coma Pontevedra", sinalou, e agradeceu ao Concello e ao xurado, "pola súa unanimidade" á hora de entregarlle o premio.
Ademáis de felicitar a Matriuska, Abelleira tamén recoñeceu que lle gustaría estar en Pontevedra para recibilo, pero que vai estar "moi ben representada" polo seu irmán, Tomás Abelleira.
Daniel Froiz atópase en Munich e no vídeo aproveitou para que saudaran tamén os seus fillos. Pola súa parte, tamén deu as grazas ao Concello e ao xurado pola súa escolla unánime e amosouse "moi contento" de recibir este recoñecemento, que entende como "un premio ao noso esforzo, á nosa tenacidade, a crer realmente que se podía facer cine dende Pontevedra, e levalo por todos os rincóns do planeta".
O responsable de Matriuska tamén está agradecido de que o recoñezan "na nosa casa, que moitas veces é o máis complexo" e recoñeceu que sente "moita morriña de Pontevedra", que segue a ser a sede da empresa e visita "cada vez que podo".
Confía Froiz en que Matriuska, que leva case 20 anos en Pontevedra, "siga outros tantos máis" e sinala que é para el un "pracer" compartir o premio con Teresa Abelleira, a quen "queremos especialmente na nosa familia" e "consideramos un referente incrible no deporte, e tamén a nivel social".
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, ás voltas co seu futuro: "Todo está por decidir, pero non pecho opcións a nada"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, 'entre algodóns', apura as súas opcións de estar na fase final da Liga de Nacións
Por Diego Espiño |
-
España inicia a súa concentración pendente do estado físico de Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
A clasificación para os Xogos Olímpicos, próximo reto para Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Os Cidade de Pontevedra 2023 recoñecerán a Teresa Abelleira e a Matriuska Producciones
Por Alejandro Espiño |
-
Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento
Por Redacción |
-
Tere Abelleira: "Xa podo dicir que xoguei no estadio da miña cidade"
Por Almu Dapena |
-
"Matria" estará nos Goya 2024: María Vázquez e o seu director, Álvaro Gago, entre os candidatos
Por Alejandro Espiño |
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, protagonista na previa da Nations League: "Por fin falamos de fútbol"
Por Diego Espiño |
-
"Matria" chega ao Festival de Málaga entre aplausos e o entusiasmo da crítica
Por Alejandro Espiño |
-
Éxito de "Matria" na Berlinale: "Foi unha experiencia de vida que gardo no corazón para sempre", di Álvaro Gago
Por Alejandro Espiño |