Luis López critica o "lamentable espectáculo" no Concello de Pontevedra polos "egos e os enfrontamentos" de socialistas e nacionalistas
Por Oskar Viéitez
O presidente provincial do PP, Luis López, mantivo este martes unha reunión de traballo cos 26 membros da candidatura pola circunscrición de Pontevedra para as próximas eleccións autonómicas e, na mesma, esgrimiu a "estabilidade, unidade e xestión" do proxecto liderado por Alfonso Rueda fronte á "guerra política constante e interminable" entre PSOE e BNG.
Luis López sinalou que este conflito entre socialistas e nacionalistas "pódese apreciar no Concello de Pontevedra e ata unha decena de municipios da provincia".
Concretamente, citou os Concellos de Vilagarcía de Arousa, O Grove, Silleda, Gondomar, Tui, Moaña, Tomiño, Catoira e Redondela.
Por iso, o tamén máximo responsable da Deputación de Pontevedra instou aos membros da candidatura popular a "traballar desde xa coa máxima intensidade" para "convencer" aos 773.000 electores da provincia co obxectivo de explicarlles a "necesidade de manter o rumbo de crecemento e seriedade que garante Alfonso Rueda desde a Xunta fronte ao terrible desgoberno que supoñería un multipartito de esquerdas, agravado polas súas políticas radicais moi afastadas dos intereses dos veciños de Pontevedra".
Luis López cualificou de "lamentable espectáculo" a "situación de parálise que vive o Concello de Pontevedra" polos "egos e os enfrontamentos" de socialistas e nacionalistas.
Segundo o presidente provincial do PP "este caos ten risco de reproducirse na Xunta" se o Partido Popular non ten maioría absoluta o próximo 18 de febreiro "e iso pode pasar por un só voto, así que é necesario explicarllo a toda a xente da provincia para obter a súa confianza maioritaria".
Relacionadas:
-
Rueda agarda reunir 14.000 persoas na praza de touros de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG quere trasladar a toda Galicia o modelo de xestión de auga de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG defende a xestión pública da residencia da terceira idade da Fundación Amancio Ortega
Por Oskar Viéitez |
-
Santiago Abascal elixe Pontevedra para presentar aos candidatos de Vox para o 18F e tira de "carallo"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
"Van a por nós, dispárannos", advirte Rueda ao PP desde Pontevedra, e chama á mobilización: "non hai nada gañado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |