A piscina municipal de Marín reabrirá as súas portas a primeira semana de marzo
Por Redacción
A piscina municipal e o centro deportivo da Raña reabrirán as súas portas na primeira semana de marzo. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, nunha visita a pé de obra cos responsables da empresa encargada do proxecto, que supón unha revitalización e modernización das instalacións.
Tal e como adiantou o edil, "os traballos rematarán este venres, polo que Soom, que é a empresa concesionaria do servizo, poderá xa acceder para encher o vaso hidráulico da piscina así como para limpar e colocar toda a maquinaria da sala de fitness, polo que previsiblemente xa poderemos ter funcionando a instalación na primeira semana de marzo".
Con esta mellora integral, "puidemos intervir en distintas partes que o precisaban, como as fachadas, as cubertas, as estruturas metálicas ou o interior dos vestiarios e do ximnasio, renovando os materiais envellecidos", apuntou Traba, que tamén indicou que se habilitou unha nova cuberta e se cambiou o chan da sala de fitness para substituilo por gres.
"Ademais, unha das cuestións que máis locen na reforma é a nova sala para actividades dirixidas, chea de luminosidade e de sensación de espazo, que mellorará moito a experiencia das persoas usuarias", asegurou o concelleiro.
No proxecto investíronse cerca de 604.000 euros.
Relacionadas:
-
Buscan fórmulas para resolver os problemas da piscina municipal
Por Redacción |
-
En abril reabrirá a piscina municipal de Marín con tres xornadas de portas abertas
Por Redacción |
-
Marín afronta o aumento da subministración eléctrica: de 600.000 euros anuais a 700.000 euros en seis meses
Por Redacción |
-
Máis de 200 ximnastas participan no décimo Festival de Inverno do Club In Mare de Marín
Por Redacción |
-
As obras da piscina de Marín manteñen prazos a pesar da choiva
Por Redacción |
-
A piscina municipal de Marín pechará por obras "en breve" e os traballadores irán ao ERTE
Por Redacción |