O segundo roteiro de 'Voando nas Rías Baixas' completa en poucas horas as prazas ofertadas
Por Redacción
En poucas horas quedaron reservadas as vinte e cinco prazas que se ofertaron para participar no segundo roteiro ornitolóxico que organiza a Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO/BirdLife e dentro do programa 'Voando nas Rías Baixas' para este 2024. Este segundo itinerario será este próximo domingo 11 de febreiro polo estuario do río Lérez e o complexo intermareal de Combarro-Lourido.
Será un percorrido guiado por dúas persoas expertas en ornitoloxía de SEO/BirdLife. O desprazamento realízase en autobús e proporciónase aos asistentes prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres para poder observalas sen ocasionarlles molestias, e igualmente entrégase unha guía de aves.
Para este ano aínda quedan outros cinco roteiros pola provincia de alto valor ecolóxico e tamén espazos protexidos pola Rede Natura 200. A seguinte será no mes de abril polas ribeiras do río Umia, entre Ribadumia e Cambados. En maio desprazaranse ata a Serra do Suído, entre A Lama, Fornelos de Montes e Covelo. En xuño pola praia da Lanzada, no Grove. En setembro polas lagoas de Rouxique en Sanxenxo, e terminarán en novembro cun roteiro polo estuario do río Miño na Guarda.
Relacionadas:
-
A AECC comeza en marzo en O Grove o seu programa de rutas saudables
Por Redacción |
-
Este luns abren as inscricións para a ruta ornitolóxica "Voando nas Rías Baixas" polo Esteiro do río Miño
Por Redacción |
-
"Voando nas Rías Baixas" visita un dos últimos redutos da provincia onde nidifica a píllara das dunas
Por Redacción |