Ao sector eólico preocúpalle a xudicialización da tramitación de proxectos por ser "un tsunami para os investimentos"
Por Oskar Viéitez
A Asociación Empresarial Eólica (AEE) celebra unha nova edición da xornada ‘Eólica e Mercado’, coa participación de máis de 200 expertos para analizar retos e oportunidades #ante un novo período na consolidación e avance das enerxías renovables no sistema eléctrico, na nosa economía e sociedade.
Acelerar a tramitación administrativa dos proxectos eólicos preséntase como unha necesidade prioritaria para o sector.
Segundo explicaron entre os principais retos deste sector atópase a necesidade de "solventar a xudicialización da tramitación de proxectos eólicos", ademais de "traballar con rigor en prol da aceptación social dos proxectos".
A eólica achega un 24% da xeración en España nun sector que emprega a 40.000 profesionais e cuxas exportacións superan os 2.500 euros anuais, situando a España no quinto posto da clasificación mundial
Segundo destacou Juan Diego Díaz, presidente da Asociación Empresarial Eólica a tramitación administrativa dos proxectos eólicos segue sendo unha "materia para mellorar" por parte das empresas, as administracións e os territorios.
"Acelerar a tramitación administrativa é crítico para a nosa resiliencia enerxética, económica, industrial e climática", destaca.
O sector advirte que "é primordial dispoñer de seguridade xurídica, que impida que proxectos que obtiveron todas as autorizacións técnicas e ambientais e tras anos de exhaustivo traballo poidan ser paralizados posteriormente por criterios xudiciais que modifican a interpretación dunha norma que veu sendo utilizada ata a data de forma satisfactoria".
"Paralizar instalacións ou proxectos en construción ten implicacións graves no emprego do sector, pero tamén no emprego industrial que será consumidor da enerxía xerada polos mesmos".
A día de hoxe en Galicia presentáronse un centenar de contenciosos e máis de 2.000 recursos administrativos presentados contra os 70 parques recentemente validados pola Xunta.
Neste sentido, ao sector eólico preocúpalle a judicialización da tramitación de proxectos eólicos, "con aplicación de medidas cautelares de paralización de proxectos que xa contan coa autorización ambiental e de construción".
O líder desta patronal nacional apunta que "afortunadamente, estas paralizacións cautelares están a anularse por parte do Tribunal Supremo e esperamos que en breve recupérese a normalidade".
"Estas medidas supuxeron un tsunami para os investimentos, para a creación de emprego de valor engadido, para os pedidos á industria e para a atracción de consumo industrial ao territorio", puntualizou o presidente de AEE, "onde o dano xerado é difícil de valorar, non só no económico, senón en ámbitos intanxibles como a reputación, a aceptación social, a imaxe de país ou o custo para as xeracións futuras" ,detallou Juan Diego Díaz.
Outro dos temas prioritarios é a "aceptación social" dos proxectos nos territorios, onde "a primeira responsabilidade recae no sector, o cal debe traballar con sensibilidade e rigor, de forma anticipada nos territorios e sendo conscientes das realidades locais, achegando información temperá sobre os proxectos para garantir unha tramitación saudable para todos os actores involucrados".
"Temos que seguir facendo moita pedagoxía sobre a realidade dos beneficios que os parques eólicos trasladan ao territorio, ao seu socioeconomía local e ao coidado do medioambiente", así asegura esta patronal que os ingresos dos parques eólicos nos municipios supoñen xa máis do 10%.
Relacionadas:
-
Ravachol súmase á loita contra os eólicos: "Que non nos rouben tamén o vento"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Expoñen un vídeo para denunciar o uso non autorizado de maquinaria pesada nos arredores de petróglifos do Monte Acibal
Por Anxo Lourido |
-
'Salvemos o Acibal' analizou os desafíos dos montes galegos ante a irrupción dos parques eólicos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Programada para este xoves 11 unha xornada activista en defensa do monte Acibal
Por Anxo Lourido |
-
Multitudinaria mobilización en Amil "contra os gobernos e especuladores"
Por Redacción |