Transición Ecolóxica colaborará con Pontevedra na recuperación do seu litoral
Por Alejandro Espiño
Unha reunión "agradable e operativa" aínda que sen acordos concretos. Polo menos, por agora. Así foi o encontro que mantiveron este mércores o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, en Madrid.
Entre ambas as partes, segundo explicou Fernández Lores ao termo da reunión, existe unha "coincidencia clara" na necesidade de recuperar os espazos marítimo-terrestres de Pontevedra, algo no que colaborarán ambas as administracións.
"Teño que dicir que coincidimos en varios dos proxectos de recuperación e agora veremos cales están máis maduros e que administración pode facerse cargo deles ou que vías de colaboración se poden establecer", indicou o alcalde pontevedrés.
No repaso que Lores e Ribera realizaron polos diversos proxectos que o Concello ten en carteira en relación co seu litoral tamén interveu a directora xeral da Costa e o Mar, Ana Oñoro, e o edil pontevedrés César Mosquera.
As dúas administracións emprazáronse para continuar estudando os diferentes proxectos recuperación e renaturalización "que hai sobre a mesa", explicou Lores, que avanzou que haberá unha nova reunión para concretalos, esta vez xa en Pontevedra.
Será a directora xeral da Costa e o Mar a que acuda a Pontevedra, nunha data que non foi fixada aínda para "para comprobar in situ" as distintas posibilidades de actuación
Esta reunión, segundo o alcalde, terá un "carácter máis práctico" e confía en que "será pronto".
Relacionadas:
-
Pontevedra e Costas "parten de cero" para deseñar proxectos "viables e razoables"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra planea unha zona de baño na Xunqueira de Alba e recuperar o canal interior da Illa das Esculturas
Por Alejandro Espiño |
-
Puentes espera que Lores "elixa o camiño correcto" e defenda os proxectos "pactados con Costas"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra Flúe?: "Quen representa ao Concello é o alcalde", asegura Lores
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Pontevedra e a ministra de Transición Ecolóxica reuniranse en Madrid o 21 de febreiro
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde pide unha entrevista coa ministra Ribera para concretar a súa oferta de colaboración con Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Teresa Ribera, "dispuesta a contribuir" na renaturalización de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |