O BNG insta ao Concello de Cerdedo-Cotobade a garantir que a fibra óptica chegue a todo o municipio
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do BNG insta ao Concello de Cerdedo-Cotobade a garantir que a fibra óptica chegue a todo o municipio.
O portavoz local do BNG, Ernesto Filgueira, sinalou que contar cun bo servizo de fibra óptica que chegue a a toda a poboación é "fundamental" e "imprescindible" para este concello rural "tanto polo que implica para os negocios como para o propio lecer do vecindario, e non é de recibo que estea tardando tanto".
Ernesto Filgueira lamenta que son moitos os lugares que a día de hoxe "carecen dunha fibra que o alcalde prometera que estaría instalada e en funcionamento o pasado ano para o 100% da veciñanza".
Segundo o BNG, o pasado ano o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela asistíu a unha reunión veciñal en Almofrei, acompañado por unha comercial de Movistar, na que arredor de 60 veciños fixeron a presolicitude para a colocación da fibra.
"Non obstante, a día de hoxe existe un certo malestar entre a veciñanza xa que para 74 casas só se instalou unha caixa con 16 enganches na entrada do lugar da Fontenova, mentres que, ao seu carón, no lugar de Vilanova, cunha poboación similar, instaláronse varias", indicou Ernesto Filgueira.
Relacionadas:
-
O mercadiño de Carballedo amplía as súas datas de celebración
Por Oskar Viéitez |
-
O illamento telefónico de Borela ten os días contados: a semana próxima unha torre solucionarao
Por Redacción |
-
Os veciños de Carballedo estrean a rolda de encontros para programar a instalación da fibra óptica
Por Redacción |
-
Inician a instalación de fibra óptica en Carballedo e a zona alta de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |