Luce un rostro máis novo en primavera
A chegada da primavera adoita vir cargada de distintos tipos de eventos (bautizos, comuñóns, vodas…), e se o que che preocupa é como lucirá o teu rostro, este é o momento de iniciar o tratamento de rexuvenecemento facial, un dos tratamentos médico-estéticos que ofrece resultados máis visibles no rostro de homes e mulleres sen cirurxía.
Dentro das múltiples opcións existentes, o hospital Quirónsalud Miguel Domínguez conta coa tecnoloxía láser máis avanzada para realizar procedementos médico estéticos de láser e luz pulsada, a ETHEREA-MX®, para levar a cabo unha das técnicas que ofrece resultados naturais e moi harmoniosos, o IPL ou tratamento de luz pulsada.
O IPL é o tratamento idóneo para moitos pacientes que presentan alteracións na pel do rostro, pescozo ou mans, xa que permite, mediante unha técnica non invasiva, restaurar o aspecto xuvenil da pel e axuda a combater os efectos do envellecemento.
Na maioría dos casos utilízase sobre o rostro nas manchas solares, causadas polo envellecemento ou as que aparecen pola toma de certos medicamentos ou enfermidades, como a cuperosis rosácea, os poros dilatados ou os vasos sanguíneos, as engurras moi finas, a acne ou marcas da acne, xa que mellora estas imperfeccións.
RECUPERA A LUMINOSIDADE NO TEU ROSTRO
Moitas persoas tras o inverno atopan a pel máis apagada, co IPL pódese conseguir o plus de luminosidade que se bota en falta.
A doutora Virginia Archanco, responsable da Unidade de Medicina Estética Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, leva anos aplicando este tratamento no rostro tanto de homes como de mulleres, "a enerxía da luz permite mellorar paulatinamente a textura e tonalidade, eliminando poros dilatados, peluxe, avermellamentos, manchas e as pequenas engurras nas capas máis profundas da pel".
A Unidade de Medicina Estética do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez coordínase co Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, para ofrecer unha atención especializada e individualizada, cun asesor persoal para o acompañamento durante todo o tratamento ata a recuperación.
O diagnóstico personalizado permite lograr, co tratamento con luz pulsada, un aspecto o máis natural posible para cada persoa
Concretamente este tratamento de IPL debe iniciarse cun diagnóstico personalizado, esta é unha das prioridades desta Unidade para que os tratamentos permitan lograr un aspecto o máis natural posible para cada persoa. "Só cunha detida análise poderemos atopar o tratamento específico que cada persoa necesita para o seu tipo de pel e estilo de vida" sinala a doutora Archanco.
Ademais, aplica técnicas específicas de tratamento antiflaccidez, antimanchas, de remodelación facial e para tratamentos corporais para preparar o corpo para o verán.
► Imos resolver algunhas preguntas máis frecuentes:
Cantas sesións son necesarias?
Unha das preguntas máis frecuentes é o número de sesións que son necesarias para notar os primeiros resultados. Neste sentido, a experiencia demostra que, cada caso é diferente. Aínda que existe un denominador común, en xeral a resposta das manchas solares é máis rápida que a das lesións vasculares.
Aínda que o efecto xa se ve dende a primeira sesión e é acumulativo, en xeral, adoita facer falta unha media de entre 3 a 5 sesións para conseguir un resultado óptimo.
Cando realizar este tratamento?
Os meses de outono e inverno son os máis adecuados para realizar este tratamento no rostro. A recomendación é que, tras o diagnóstico, se planifiquen a continuación as sesións de maneira espazada e consecutiva.
Pódese realizar este tratamento con ácido hialurónico ou toxina botulínica?
Son tratamentos cuxos obxectivos son distintos e complementarios. Convén espazar ao redor dunha semana o tratamento inxectable do IPL.
Ten efectos secundarios?
O tratamento con IPL pode ter algúns efectos secundarios leves como avermellamentos na pel, maior sensibilidade ou proídos. Por iso, despois de cada tratamento establécense unhas pautas de coidados e hábitos de vida saudables.
Que coidados hai que realizar despois do tratamento?
Recomendamos ser prudentes coa exposición solar: evitar tomar o sol mentres dura o tratamento e usar protección alta. É moi importante tamén ter uns hábitos de vida saudable, por exemplo, está demostrado que o tabaco e o alcol son inimigos dunha boa saúde na pel.
Tecnoloxía de vangarda:
No hospital Quirónsalud Miguel Domínguez contamos coa tecnoloxía láser máis avanzada para realizar todos os procedementos para a medicina estética baseados en láser e luz pulsada, a ETHEREA-MX®. Unha tecnoloxía que ofrece múltiples aplicacións nun único sistema.
- Fotorexuvenecemento
- Pigmentacións
- Eliminación de lesións vasculares
- Depilación
- Melasma
- Tratamento de acne
Pide cita sen compromiso: Teléfono: 680 629 500
Asesora de privados: maria.carballoc@quironsalud.es
Relacionadas:
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |
-
Como escintilar en Nadal cunha pel rexuvenecida?
Por Noticia patrocinada |
-
Deter o reloxo da túa pel é posible seguindo estes consellos expertos
Por Noticia patrocinada |
-
Rexuvenece o teu rostro e prepárao para recibir a primavera
Por Noticia patrocinada |