Esposan un cliente encabuxado que tentou agredir o condutor dun autobús
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra tivo que mediar o pasado sábado nun intento de agresión a un condutor dun autobús. Os feitos ocorreron sobre as 19.45 horas na avenida do Uruguai, fronte a Praza do Peirao, onde o vehículo estaba estacionado.
Cando chegaron ao lugar, os axentes atoparon a unhas seis ou sete persoas sobre un home que estaba no chan e de costas. O home, nado en 1982, estaba moi alterado, gritaba en voz alta, braceaba e daba patadas.
A pesar de que os axentes trataron de tranquilizado e pedíronlle que depuxera a súa actitude, non o conseguiron polo que, finalmente, acordaron poñerlle os grillóns. Só nese momento se tranquilizou e despois retiráronllos.
Segundo recolle o informe policial, o home explicou aos axentes que quería agredir ao condutor porque lle faltara ao respecto a el e a súa familia, e mantiña que, como cliente, sempre tiña a razón.
O condutor de autobús relatou que, unha vez na parada, o señor dirixiuse ao baño do vehículo que estaba pechado, e díxolle que o bus estaba parado e fose a un cafetería próxima ao igual que o resto do pasaxe. O pasaxeiro non quixo e comezou a propinarlle empuxóns e a increpalo.
Finalmente baixou pero cando regresou, volveu moi alterado tratando de agredir ao condutor, polo que foi reducido por varias persoas para evitar a agresión.
O autobús continuou a viaxe sen este pasaxeiro, a súa muller e uns amigos, que se fixeron cargo de el. Os pasaxeiros viñan dunha excursión dun día no Grove.
Relacionadas:
-
"Prepárese porque lle vou prender lume á casa", a última ameaza a unha veciña da Ferrería
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A xuízo por conducir drogado, sen carnet, seguro nin ITV
Por Oskar Viéitez |
-
Detido por quebrantar a orde de afastamento dunha vítima de violencia machista e fuxir da Policía
Por Oskar Viéitez |
-
Detido o presunto autor dun roubo con forza nun comercio de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Unha disputa entre dous sen teito na Ferrería acaba cos dous feridos e detidos
Por Natalia Puga |