Demanda socialista para que se instale un sistema de recollida de lixo propio para o centro histórico
Por Redacción
A nova ordenanza de xestión dos residuos de compentencia municipal atópase en tramitación no Concello de Pontevedra e o grupo municipal socialista reclama que se recolla neste documento "un sistema propio de recollida" para o centro histórico e para zonas que se determinen como asimilables.
O sistema sería como mínimo dos residuos orgánicos e da denominada fracción resto, referida á fracción dos residuos de orixe doméstica obtida tras as recollidas separadas.
A proposta socialista busca que se instale, retire e limpe de maneira diaria os contedores na zona monumental "por un período de tempo limitado e en horario nocturno".
Entre as emendas realizadas ao borrador da ordenanza polo PSOE local, presentadas en rexistro por Iván Puentes, portavoz socialista, e o concelleiro Manuel Fariña, tamén se solicita a instalación de contedores de pilas, aceites de comida utilizados e roupa usada e téxtiles en cada barrio e parroquia de Pontevedra.
Piden tamén que se inclúa no texto da ordenanza que o Concello facilitará espazos e sistemas para o intercambio de bens "para evitar que se convertan en residuos, así como facilitar outras prácticas que estimulen a súa reutilización".
Tamén demandan que se separen en orixe os aceites utilizados no ámbito doméstico para entregalos en contedores específicos para este fracción.
Relacionadas:
-
Retiran 68 papeleiras do centro histórico para reparalas
Por Redacción |
-
Pontevedra, ante o "reto de aúpa" de ser "pioneira" na súa ordenanza do lixo
Por Alejandro Espiño |
-
Manter as taxas impositivas conxeladas, intención do alcalde de Pontevedra para 2024
Por Anxo Lourido |
-
O Concello estuda fórmulas para mellorar e aumentar a eficacia do tratamento e xestión de residuos
Por Redacción |
-
O recibo do lixo de decembro será máis barato en Pontevedra por enviar menos toneladas a Sogama
Por Oskar Viéitez |