Un mozo acusado de agresión sexual a unha compañeira de instituto elude entrar en prisión tras recoñecer os feitos
Por Natalia Puga
Un mozo pontevedrés recoñeceu este xoves, na Audiencia Provincial, que en outubro de 2020 cometeu unha agresión sexual da que foi vítima unha compañeira de instituto coa que mantiña unha relación de amizade desde semanas antes.
O mozo acuía á sección segunda da Audiencia de Pontevedra e chagaba a un acordo coa Fiscalía polo que evitou a celebración do xuízo e tamén eludía o ingreso en prisión.
O acordo coa Fiscalía supón a súa condena a dous anos de prisión, se ben tamén implica que a pena vai suspenderse condicionada a que non delinca durante cinco anos. Isto é, se neses cinco anos non comete delito, poderá evitar estar privado de liberdade.
A conformidade, que tamén aceptou a vítima, implica para o acusado tamén ser condenado á prohibición de aproximarse a menos de 100 metros da súa vítima, o seu domicilio, lugar de estudo ou traballo o calquera outro en que poida atoparse, así como de comunicarse directamente con ela durante cinco anos.
Unha vez cumpridas as penas anteriores, pide outros cinco anos de liberdade vixiada.
A Fisaclía tamén pide a súa inhabilitación para profesión, oficio ou actividades sexan ou non retribuídos, que conleven un contacto regular e directo con persoas menores durante cinco anos e que indemnice a súa vítima.
A vítima mostrouse de acordo con esta conformidade porque quería evitar a celebración do xuízo e finalizar canto antes con este procedemento.
O fiscal, Santiago Miguel Cruces, chegou a este acordo e reducía a condena -inicialmente pedía 8 anos- baseándose en que non está claro se nesta agresión sexual houbo introdución de membros.
O acusado e a súa vítima eran ámbolos maiores de idade e coñecéronse en setembro de 2022 cando estudaban no mesmo instituto. Fixéronse amigos e o 10 de outubro dese ano, cando chegou a hora do recreo, sobre as 11.00 horas, el pediulle que o acompañara fóra do instituto, ata un supermercado da mesma rúa, para mercar algo de comer.
Foron xuntos e, á saída, o procesado peidulle dar un paseo. Ela accedeu, baixaron as escaleiras de madeira que acceden ao paseo do río dos Gafos, sentaron nun banco e, unha vez alí, tras un rato conversando, el realizoulle tocamentos sen o seu consentimento malia que ela lle pedía que parara, que non quería que a tocara, que a incomodaba.
Xa de retorno ao instituto, levouna á zona traseira da caseta e alí producíase a agresión.
Durante os días seguintes, a moza sufríu ataques de ansiedade, vómitos, crise de pranto e tristura continuada cunha importante afectación psicolóxica.