Desarticulan un grupo criminal "moi activo" que distribuía heroína en Galicia
Por Redacción
A Policía Nacional logrou desarticular un grupo criminal "moi activo" que se dedicaba a distribuír importantes cantidades de heroína en Galicia e aos que se lles incautou 3.500 dose desta droga.
O operativo policial, que foi bautizado como "Operación Calatrava" e que executaron axentes do Grupo II da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco), permitiu deter a dúas persoas, que xa pasaron a disposición xudicial.
Foi a finais do pasado mes de febreiro cando os investigadores, que levaban meses detrás deste grupo criminal, lograron localizar e interceptar un vehículo no que viaxaban os dous implicados e que transportaba uns 100 gramos de heroína.
No rexistro que os axentes realizaron no domicilio dun dos detidos, en Vilagarcía de Arousa, acharon outros 750 gramos de heroína, ademais de diñeiro en efectivo e útiles para a preparación da droga.
Coa cantidade de heroína incautada, subliñan desde a Policía Nacional, puxéronse no mercado máis de 3.500 dose de heroína.
A operación continúa aberta e non se descartan máis detencións.