A corporación vilagarciana reivindica unánimemente a volta de Cuca a Vilaxoán
Por Redacción
A comisión municipal creada para tratar a problemática do trasladado de Cuca transmitiu este luns ás representantes do comité de empresa o respaldo unánime da Corporación á reivindicación das traballadoras para que a conserveira retome a súa actividade en Vilaxoán.
O alcalde, Tomás Fole, presidiu a reunión na que participaron os voceiros dos grupos municipais do PP, PSOE, BNG e EU, ademais das representantes do comité de empresa. No encontro, as traballadoras solicitaron pleno apoio da Corporación para lograr que a conserveira do grupo Garavilla retome a actividade en Vilaxoán e as operarias desprazas á planta do Grove poidan volver a traballar nas dependencias orixinais da firma. Fole explicou que este sempre foi o desexo de toda a Corporación e agora que existe unha sentencia neste mesmo sentido cóntase cunha base legal firme para acadalo.
Co fallo na man, a comisión reunirase o venres con responsables da empresa co obxectivo de que informen sobre os plans e prazos que manexan para executar a sentenza, así como para coñecer as condicións nas que se retomaría a actividade fabril en Vilaxoán e ás que afectarían directamente ás traballadoras.
Unha vez celebrado este encontro e con toda a información sobre a mesa, a comisión volverase a reunir para a toma de conclusión e, en función, das mesmas determinar si é preciso adoptar ou non outra serie de medidas.