A Xunta comproba as melloras acometidas no Biblioteca de Poio
Por Redacción
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este venres a Biblioteca municipal de Poio para coñecer as melloras de accesibilidade realizadas coa colaboración da Xunta.
As obras contaron cunha achega autonómica que ascendeu a 40.000 euros no marco da Orde de infraestruturas de uso público.
A través desta iniciativa instalouse un ascensor para comunicar as dúas plantas do edificio mediante a construción dun volume engadido ao edificio orixinal. Deste xeito, o elevador ten acceso directo á parcela exterior, comunicada coa vía pública a través dunha rampla. Ademais modificáronse os aseos do primeiro andar para garantir tamén a súa accesibilidade a persoas con discapacidade.
A directora xeral destacou que só en 2023 o concello de Poio recibiu medio millón de euros do fondo base de Fondo de Cooperación Local.