Sanxenxo invita os empresarios locais a unha promoción conxunta en Portugal
Por Redacción
Turismo de Sanxenxo participará con posto propio nunha das feiras de viaxes máis importantes de Portugal, que se celebrará os días 5 e 6 de abril no pavillón 1 da Feira Internacional de Lisboa. A sociedade mixta, integrada polo Concello de Sanxenxo e o CETS, acudirá por primeira vez a Mundo Abreu, un salón xa consolidado no sector turístico e que este ano alcanza a súa duodécima edición.
"Ademáis de promocionar o noso destino poremos a disposición dos empresarios turísticos un espazo que poderán utilizar á hora de realizar contratacións cos clientes maioristas e axencias de viaxes que asistirán a esta cita", sinalou a concelleira delegada de Turismo, Almudena Aguín.
O equipo de Goberno pretende con iso apoiar ao sector local brindándolle a oportunidade de ofrecer directamente os seus servizos ao público portugués, que encabeza a lista de visitantes estranxeiros de Sanxenxo.
"Trátase, en definitiva, dunha iniciativa máis para impulsar ás contratacións fora dous meses de xullo e agosto", asegurou a edila