Todo Sanxenxo a un clic no móbil
Por Redacción
'Sanxenxo en tu mano'. ÿ o nome que recibe o novo servizo turístico que presentou o Concello de Sanxenxo no marco de Fitur, unha das feiras de turismo máis importantes do país. Trátase dunha aplicación gratuíta para móbiles e tabletas co sistema operativo iOS ou Android, que ofrecerá unha ampla información sobre os atractivos turísticos do municipio pontevedrés.
"Tenemos que aprovechar las infinitas posibilidades que ofrecen las nuevas tecnologías y aplicarlas a la promoción turística ya que nos permiten llegar a un mayor número de personas de forma más directa y eficaz", comentou Catalina González na presentación. E é que segundo a alcaldesa, "los dispositivos móviles son unos aliados fundamentales en la relación entre el turista y el destino".
Este novo servizo, desenvolvido pola empresa compostelana Evelb Técnicas y Sistemas, posibilita o acceso a toda a información práctica que precisa o viaxeiro, incluída a ruta -a través de xeolocalización- desde a súa orixe ao hotel, restaurante ou enclave ao que pretenda desprazarse.
Ademais, esta ferramenta facilitará que os interesados poidan consultar a oferta local de aloxamento ou gastronomía, que estará enlazada coas páxinas web de cada establecemento e coas súas redes sociais, as posibilidades de lecer e turismo cultural, entre outras.
"Esta aplicación supondrá un antes y un después en la promoción de nuestro destino", sinalou Catalina González, apuntando que "apostar por el turismo no sólo supone preservar el pasado, conservar, mejorar y difundir el patrimonio, sino que también nos obliga a mirar hacia el futuro y apostar por herramientas novedosas que aporten un valor añadido a la oferta turística de nuestro municipio".
'Sanxenxo na túa man' estará dispoñible a mediados de febreiro e as descargas realizaranse directamente no idioma no que estea configurado o smartphone.
Turismo de Sanxenxo está presente ademais en Fitur, mediante diferentes materiais promocionais do destino, entre eles os diferentes produtos desenvolvidos pola empresa mixta entre os que destaca Sanxenxo Degustación, Sanxenxo Degusta Tapas e Sanxenxo Degusta Drink ou o turismo náutico. Manteranse tamén diferentes reunións e presentacións para aumentar a promoción do destino entre os touroperadores.
Relacionadas:
-
A aplicación turística 'Sanxenxo na túa man' opta aos premios conmemorativos do Día de Internet
Por Redacción |
-
A 'app' de Turismo de Sanxenxo terá premio en Fitur
Por Redacción |
-
Sanxenxo invita os empresarios locais a unha promoción conxunta en Portugal
Por Redacción |
-
Sanxenxo presentará en Fitur unha aplicación móbil para a promoción turística do municipio
Por Redacción |