O Centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace conta con 22 novas prazas de atención diúrna e 9 de residencial
Por Redacción
O Centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace conta con 22 novas prazas de atención diúrna e 9 de atención residencial coas que poderá chegar aínda a máis familias da comarca de Arousa e da súa contorna ofrecendo unha atención da máis alta calidade ás persoas con parálise cerebral.
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, visitou este mércores as novas instalacións tras o remate das obras de ampliación.
O Goberno galego destinou unha axuda de 2 millóns de euros a estas actuacións, financiada a través da orde específica para a ampliación ou creación de novos centros de titularidade social e tamén mediante a orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.
Fabiola García apuntou o Goberno galego ampliou as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, aprobou novas ordes para a adquisición de vehículos e tamén blindou a atención a través do tan agardado concerto social, ao que a Xunta destina cada ano 100 millóns de euros.
Así mesmo, apuntou que neste 2024 crearanse novas prazas públicas de atención á discapacidade por toda Galicia.
Relacionadas:
-
O festival Solifest recadará fondos para o Centro Princesa Letizia
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación e Cogami estudan novas vías de colaboración conxunta
Por Redacción |
-
Amencer-ASPACE conmemora o Día Mundial da Parálise Cerebral con actividades de concienciación en centros educativos
Por Oskar Viéitez |