Unha muller chama a Policía para dicir que incumpre unha orde de afastamento e así poder durmir no calabozo e non na rúa
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía detivo na noite do sábado unha muller que chamou de xeito voluntario para confesar que estaba incumprindo unha orde de afastamento dun domicilio. O motivo da chamada foi que, deste xeito, puidera durmir no calabozo e non na rúa.
Segundo a información facilitada polo Policía Local, a muller chamou ás 21.15 horas advertindo do incumprimento da citada orde de afastamento que lle impedía achegarse a menos de 150 metros dun domicilio situado na avenida Matosinhos.
Os policías desprazáronse á zona e encontrárona "sen máis" no portal de dita vivenda. Cando chegaron, ela entregouse de forma totalmente pacífica e informou aos policías que incumprira intencionadamente a orde para a que a detiveran e a levaran aos calabozos para non ter que durmir na vía pública.
Trátase dunha muller de 54 anos.
GOLPÉASE A SI MESMO E Á POLICÍA
Na madrugada do domingo, a Policía Local detivo un home de 38 anos que estaba insultando e ameazando a toda persoa coa que se cruzaba pola vía pública.
Unha patrulla localizouno na avenida Doutor Tourón cando discutía cunha muller que dixo ser a súa parella. Nese momento, o home comezou a golpearse a cabeza contra unha marquesiña e tirou violentamente o seu móbil contra o chan.
Cando os axentes se achegaron para tratar de detelo, arremeteu contra un deles propinándolle varias patadas e opoñéndose violentamente a ser reducido, á vez que insultaba e ameazaba aos axentes do orde.
O detido seguiu mantendo esta actitude agresiva xa no interior do vehículo policial, golpeándose a cabeza el mesmo contra a mampara protectora, e tamén no Punto de Atención Continuada (PAC) de San Roque, a onde o levaron para ser atendido.
No centro de saúde volveu agredir aos policías e incluso lle propinou unha cotenada á médica de garda. Finalmente, foi trasladado ao Hospital do Salnés, permanecendo en custodia policial ata que recibiu a alta e os axentes puideron trasladado ás dependencias da Comisaría da Policía Nacional, onde quedou detido en espera de pasar a disposición xudicial.