A Festa do Mar de Vilaboa triplica a petición de produto ante a alta afluencia prevista
Por Redacción
Tres serán os restaurantes que este ano serán os encargados das degustacións gastronómicas da nova edición da Festa do Mar de Vilaboa, que se celebrará os días 13 e 14 e abril no adro de San Adrián de Cobres.
A Garboa, A Casa de Rosa de Mazaroca e Aurelia poranse aos fogóns para preparar as tapas de mexillón a 3,5 euros, os chocos a cinco euros e a ameixa, tanto a xapónica como a cornicha, que estarán dispoñibles a un prezo de seis euros.
Todos eles estarán preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira.
Este ano, como novidade, haberá stand cafetería da man do bar Chancho e repetirá tamén o posto de sobremesas para completar o menú cos doces de panadería e pastelería Os Laranxos.
Os tres restaurantes triplicaron a petición de produto á confraría de Vilaboa con respecto á edición do ano pasado, na que a afluencia de comensais esgotou as racións elaboradas, impedindo atender a alta demanda concentrada na carpa.
Xunto aos produtos do mar compartirán protagonismo e promoción os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán.
A comisión organizadora, na que ademáis do Concello están as mariscadoras, mariñeiros e bateeiras, será a que realice a cata das elaboracións dos restaurantes participantes, con premios para a innovación, o sabor e a presentación.
Relacionadas:
-
Máis de 2.800 racións e 11.000 euros facturados, balance da Festa do Mar
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilaboa destaca a consolidación da Festa do Mar
Por Redacción |
-
O xurado da Festa do Mar de Vilaboa premia o sabor da Garboa, a innovación do Laranxo e a presentación da Mazaroca
Por Redacción |
-
Artesanía e música completan o programa cultural da Festa do Mar de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
A presenza da ameixa cornicha, unha das grandes novidades da Festa do Mar de Vilaboa
Por Redacción |