Cincocentas palilleiras cítanse en Pontevedra para mostrar a súa mestría coa arte do encaixe
Por Alejandro Espiño
A tradición ancestral das 'palilleiras' volverá lucir en todo o seu esplendor en Pontevedra. Será coa décimo sexta edición do Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra, que se celebrará na sala de exposicións do Pazo da Cultura este próximo domingo 21 de abril.
Os organizadores do evento, a asociación A Fieitiña e o Concello de Pontevedra, convidaron a todos os pontevedreses a que acudan a esta cita para coñecer de preto este oficio clásico e unha técnica de bordado que "garda especial relación co país galego".
Este encontro, no que participarán unhas cincocentas 'palilleiras', estará aberto durante todo o día, entre as 10:00 e as 14:00 horas en sesión matinal e entre as 16:00 e as 19:00 horas en sesión vespertina.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou que a coincidencia dun evento no Recinto Feiral obrigou a cambiar o escenario desta cita, polo que agradeceu a comprensión da asociación organizadora.
"Vai a ser un pouco máis pequena que o ano anterior. Haberá unha redución no número de palilleiras, por iso quero agradecerlles o seu traballo á hora de modificar o programa previsto, adaptar os espazos e reducir a participación", sinalou Fernández Lores.
Animou en todo caso a que público acudan ao Pazo da Cultura "para ver a arte que realizan as palilleiras".
A presidenta da Fieitiña, Esperanza Marín, explicou que a palillada deste ano "será un pouco pequena", pero confía en que "salga todo ben".
Destacou ademais que, aínda que as participantes son maioritariamente mulleres, "algún home hai", cunha media de idade superior aos 60 anos, se ben a este tipo de encontros acoden "moitos nenos e nenas" e persoas de todas as idades.
"Agora hai moito máis nivel nas palilladas", sinalou Marín, que subliñou que o público agora "pregunta polas técnicas", que cada vez con máis innovadoras.
Relacionadas:
-
Menos palilleiras, pero a mesma tradición e espectacularidade no seu encontro anual en Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
As galerías Oliva, punto de encontro para os amantes do encaixe de 'bolillos'
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
E catro anos despois... 850 'palilleiras' volven tecer en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |