O pontevedrés Francis Lorenzo será concursante de MasterChef Celebrity
Por Alejandro Espiño
As cociñas de MasterChef, o concurso de cociña máis exitoso da televisión, volverán contar con representación pontevedresa. Tras Churra (MasterChef 2), Lidia Folgar (MasterChef 3) e Ketty Fresneda (MasterChef 6), agora será a quenda do actor Francis Lorenzo.
El será un dos dezaseis famosos que participarán, a partir de setembro, na novena edición de MasterChef Celebrity, a versión deste concurso con personaxes populares. Así o confirmou RTVE, a cadea que emite este programa.
Non será, en todo caso, a primeira vez que Lorenzo se poña aos mandos dos fogóns neste programa. Xa o fixo, de maneira puntual, durante a segunda edición de MasterChef Celebrity.
O concurso visitaba a Ribeira Sacra e o actor, que acudía como convidado, aceptou o reto dos xuíces do programa para elaborar como un aspirante máis un menú composto de empanada de zamburiñas, troita con grelos, xarrete de tenreira galega ao viño e brica con salsa de cereixas.
Xa entón, despois de cociñar, aseguraba que se pensaría a posibilidade de estar na terceira tempada do programa. E ao final, aínda que se fixo de rogar, aceptou o desafío.
Xunto a Francis Lorenzo estarán, entre outros, Cristina Cifuentes, o cantante Pitingo, os presentadores Inés Hernand, Raúl Gómez e Juan Luis Cano, os 'influencers' Pelayo Díaz e Marina Rivers ou famosos como Pocholo Martínez-Bordiú e Topacio Fresh.
Ademais, neste MasterChef Celebrity 9 participarán as actrices Hiba Abouk, María León, Nerea Garmendia e Itziar Miranda e os actores Rubén Ochandiano e Jose Lamuño.
Relacionadas:
-
RADIO.- Presentador, actor e agora Carlos Sobera tamén ten libro: 'A contracorriente'
Por Marisa Ciordia |
-
"En Pontevedra tenéis unas rías magníficas. El producto que dan es de lo mejor que hay"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ketty Fresneda, ás portas de converterse en gañadora de Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
Lidia Folgar, expulsada de Masterchef ás portas da final do concurso
Por Alejandro Espiño |
-
Churra, eliminada de MasterChef: "Fue todo muy duro, pero me voy feliz. Ha sido una oportunidad de oro"
Por Redacción |