Carlos Maldonado, gañador de Masterchef 3: "Tenéis unas rías magníficas. El producto que dan es de lo mejor que hay"
A 'Batalla das Cunchas' enfrontou este mércores a nove cociñeiros de Pontevedra pero, ao seu lado, outro chef tivo o seu propio protagonismo neste certame gastronómico. Carlos Maldonado, gañador de Masterchef 3, foi o seu mestre de cerimonias.
"Estoy muy contento de estar en Pontevedra. Me siento como en casa", explicou Maldonado a PontevedraViva recentemente chegado de Talavera, onde rexenta o restaurante Raíces, o único 'Estrela Michelín' de todo o mundo que saíu do concurso de cociña de TVE.
Alí, recoñece o chef manchego, "cocino poco con producto gallego" porque a súa aposta é "utilizar mucho el kilómetro cero y dar valor a lo que tenemos, a nuestra tierra" e, sobre todo, explica entre risas "a lo único que sé cocinar de verdad".
Iso si, coñece ben a gastronomía galega e ten claro que en Pontevedra "tenéis unas rías magníficas y el producto que dan es lo mejor que hay".
Por iso, a súa recomendación aos que decidan cociñar calquera tipo de marisco é que "respeten su sabor y su forma, valorando lo que es", xa que manipular o menos posible o produto "es lo bueno de ello".
"Menos es más en este caso", explicou Carlos Maldonado, que recoñeceu estar "más nervioso" presentando este certame gastronómico en Pontevedra que nos fogóns porque, segundo asegura, "la cocina la controlo y hablar no lo llevo tan bien".
Engadiu que "yo sé hablar mucho pero de mis cosas" aínda que, a xulgar pola súa meteórica traxectoria, realmente é a cociña a que fala del. E o que di non pode ser mellor.
Relacionadas:
-
O trotamundos de Bueu que abriu un hotel en Cádiz e acabou en Masterchef Abuelos
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra renova as súas 'estrelas' e Galicia aumenta á súa constelación gastronómica
Por Alejandro Espiño |
-
'O galo que comeu a navalla' de Sergio Roma (O Souto), vencedor da 'Batalla das Cunchas'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O barrio da Moureira recibe o primeiro Premio Gastronómico "Loureiro de Ouro" da Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
A hostalería de Pontevedra activa o roteiro da Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
Pontevedra aposta polo marisco e lanza a primeira Festa das Cunchas
Por Manu Otero |