O vial que comunica Viascón con Parada de Tenorio xa ten novo pavimento
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ata 50.000 euros, procedentes do Plan Marco da Xunta de Galicia, serviron para completar os traballos de rego e afaltado con capa macadam do camiño de 1,5 quilómetros que comunica Viascón con Parada de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade.
Esta intervención permitirá mellorar o acceso dos vehículos que desde Viascón se despracen a Parada de Tenorio e viceversa, destacan desde o goberno municipal.
A obra forma parte do plan de mellora de infraestruturas de comunicación e vertebración interior de Cerdedo-Cotobade co que se pretende, ademais de mellorar a seguridade vial, favorecer a interrelación dos distintos territorios para facilitar a súa accesibilidade e conectividade.
O alcalde, Jorge Cubela, explicou que era unha intervención moi demandada polos veciños "e encaixa dentro do plan de mellora das comunicacións e conectividade dos nosos territorios favorecendo a vertebración interior do noso municipio".
Relacionadas:
-
Visos de solución para os problemas de verticalidade da capela de San Lourenzo de Serrapio
Por Anxo Lourido |
-
A rapazada de Cerdedo-Cotobade aprenderá a nadar nas piscinas de Ponte Muiños
Por Redacción |
-
Rematada a mellora do acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén
Por Redacción |
-
Presentan un proxecto para mellorar a Senda dos Pescadores do río Almofrei
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento para a mellora do acceso dende a N-541 a Veiga do Medio
Por Redacción |
-
Novo asfaltado para o vial de acceso a O Batán
Por Redacción |