A rapazada de Cerdedo-Cotobade aprenderá a nadar nas piscinas de Ponte Muiños
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, animou aos 130 escolares dos colexios San Xoán Bautista de Cerdedo e o CEIP de Carballedo a desfrutar do programa "Aprende a nadar".
Esta iniciativa municipal facilitará que estes alumnos poidan desprazarse ata as piscinas de Rías do Sur, en Pontevedra, durante catro xornadas formativas e de lecer.
Jorge Cubela sinalou que esta actividade "ademais de ser moi divertida resulta útil" para que estes nenos logo "poidan gozar xa este verán das magníficas praias fluviais que temos no noso municipio".
O alcalde destacou que as praias fluviais de Cerdedo-Cotobade contan todas elas co cualificativo de "excelentes para o baño" pola Xunta de Galicia.
O programa "Aprende a nadar" forma parte do amplo abano de actividades formativas e de lecer que o Concello destina á mocidade.
Relacionadas:
-
Rematada a mellora do acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén
Por Redacción |
-
"Letras na Praza" para animar á lectura á rapazada da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes
Por Redacción |
-
O incendio forestal de Caroi, extinguido tras queimar 32 hectáreas de monte
Por Redacción |
-
O vial que comunica Viascón con Parada de Tenorio xa ten novo pavimento
Por Redacción |