O incendio forestal de Caroi, extinguido tras queimar 32 hectáreas de monte
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O incendio forestal rexistrado onte martes en Cerdedo-Cotobade quedou extinguido ás 12:48 horas deste mércores, segundo informou a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
O lume arrasou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales doce se corresponden con monte arborizado e 20,1 a monte raso.
O incendio detectouse seis minutos despois da unha da madrugada do martes na parroquia de Caroi.
Para a súa extinción, mobilizáronse dous técnicos, dez axentes, vinte e catro brigadas, once motobombas, unha pa, dous avións e tres helicópteros.