O Museo Torres exhibe coplas históricas dos barcos e carros da festa dos maios de Marín
Por Oskar Viéitez
Ata o 5 de maio poderá visitarse unha exposición no Museo Torres das coplas dos barcos e carros da Festa dos Maios de Marín.
Estas coplas foron cedidas pola presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Enriqueta Otero Farto, máis coñecida por “Queta Molas”.
Trátase dunha actividade que chega da man da asociación cultural Ateneo Santa Cecilia, que ten por finalidade o mantemento e promoción da cultura galega a través de exposicións, festas, cursos ou danzas.
Ademáis desta exposición o 2 de maio ás 20:00 haberá unha charla-coloquio no Museo Manuel Torres onde tratarase a orixe das coplas e da Festa dos Maios.
O vindeiro mércores día 1 de maio, ás 12:30 horas terá lugar unha exhibición dos maios na alameda de Marín, onde se verán os distintos tipos de maios e a súa ornamentación. E finalmente ás 17:00 horas terá lugar o concurso na Praza do Reloxo. Este ano apuntáronse ao concurso nove maios e sete barcos.