Berros de "o sionismo é terrorismo" diante do edificio da Xunta de Galicia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
"Non é unha guerra, é un xenocidio", "as nenas de Gaza non son unha ameaza" ou o contundente "o sionismo é terrorismo" foron algúns dos retrousos coreados este martes 7 de maio ás portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo.
A CIG convocaba este acto cun chamamento ao persoal das administracións públicas para pedir o cese inmediato do conflito bélico armado que Israel mantén contra a poboación palestina.
Luis Carballo Pose, secretario nacional da CIG en Administración Pública, denunciaba que "Israel fai ataques, xenocidios e mutilacións que non poden continuar. Consideramos oportuno facer un chamamento pola paz".
O representante da central nacionalista pide ao resto de administracións que se sumen ás protestas e reclama que os cartos públicos sexan destinados á cidadanía "e non para alimentar un conflito coa compra de armamento, que debe cesar para deter o conflito", denunciaba Carballo.
Neste sentido, sinalaba que as administracións públicas deben unirse e demandar que se paralicen os acordos bilaterais entre a Unión Europea e Israel.
O sindicato tamén entende que é "fundamental" que o goberno de España, que lidera Pedro Sánchez, recoñeza a Palestina como estado de pleno dereito. "Parécenos correcto", afirmaba Luis Carballo durante a concentración.
En canto ao bombardeo do paso de Rafah nas últimas horas que finalicou co exército israelí facéndose co control do lado palestino neste enclave fronteirizo cando se estaba a negociar unha posible tregua na Franxa de Gaza, o representante sindical insistía en que "bombardear zonas onde hai civiles, nenos e nenas, mulleres e maiores que non se poden servir por se mesmos non se pode asumir. Calquera acto bélico e terrorista denunciámolo e opoñémonos firmemente", concluía.
Relacionadas:
-
Unha concentración de universitarios reclama o fin do masacre en Palestina
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan outra manifestación en Pontevedra en solidariedade co pobo palestino
Por Redacción |
-
Protesta para denunciar a prolongación da vida laboral sen xubilacións dignas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Concentración da CIG diante do Mercadona de San Mauro para denunciar "represión sindical"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A precariedade laboral e a solidariedade con Palestina, eixos do 1 de maio de CGT
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Concentración en Montecelo para rexeitar o bombardeo de hospitais en Palestina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Preámbulo do 1º de Maio da CIG cunha concentración reclamando traballo digno
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
CGT pide na rúa o cese dos ataques de Israel ao berro de "Palestina vencerá"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Chapas de #SandíasPolaPaz para esixir o alto o fogo contra a poboación palestina
Por Anxo Lourido |