O Luís Seoane, gañador da quinta edición do Club de Debate
Por Redacción
O Pazo da Cultura acolleu este sábado unha xornada emocionante e competitiva da quinta edición do Club de Debate. Os institutos A Xunqueira I, Torrente Ballester, Luís Seoane, Valle Inclán (dous equipos) e o IES de Ponte Caldelas enfrontáronse nun amplo e variado debate baixo o lema "Ence-Elnosa ten que saír da ría".
Os equipos que pasaron á final foron os do IES A Xunqueira I e Luís Seoane, resultando gañador este último. Como estaba previsto nas bases, ambolos dous participarán na fase galega do Club de debate que se celebrará o vindeiro 26 de abril en Ferrol, para debatir baixo o título "Pódese vivir en galego".
O equipo campión recibiu un vale de 500 euros para mercar libros ou banda deseñada en galego, un libro de discursos (Sempre en Galiza, de Castelao) para ter exposto no instituto até a vindeira edición do Club de debate. O equipo finalista recibiu un vale de 300 euros para os membros do equipo para mercar libros ou banda deseñada en galego.