O Concello insiste na responsabilidade das administracións á hora de fomentar o uso do galego
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do edil de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, e a tenente de alcalde, Eva Vilaverde; recibiu este venres, nas dependencias do Concello de Pontevedra, a representantes da plataforma 'Queremos Galego' para amosar o seu apoio ás reivindicacións programadas para o vindeiro 17 de maio.
O colectivo cidadá está na actualidade composto por máis de 500 entidades sociais e culturais do país e vén de convocar a sociedade galega para manifestarse o Día das Letras Galegas ás 12:00 horas desde a alameda de Santiago de Compostela baixo o lema 'Galego vivo, Galiza viva'.
Este 2024 cumpriranse 20 anos da aprobación por unanimidade parlamentaria do Plan Xeral de Normalización da lingua galega, elaborado no seu momento coa participación de máis de 1.000 persoas e con 400 accións e medidas concretas en diversos lugares de Galiza. A realidade, sinalan desde a plataforma, é que "este plan non só non se desenvolveu, senón que se foron producindo importantes retrocesos".
Desde o Concello lembraron que "o galego é a lingua do país" e amosan o seu compromiso por seguir normalizando o seu uso, ademáis de promovelo e facer que siga sendo un idioma vivo.
O rexedor, pola súa banda, sinalou que "o uso do galego é un dereito fundamental" para as persoas que viven en Galiza e reclama "que todas as administracións públicas deben traballar no seu coidado e nas súas responsabilidades legais e morais para co idioma galego".
Relacionadas:
-
Recital 'A outra Patria' na UNED para conmemorar o Día das Letras Galegas
Por Redacción |
-
As Letras Galegas de Soutomaior incorporan uns Xogos da Lingua para 240 escolares
Por Redacción |
-
Marín, Bueu e Caldas de Reis programan actividades polas Letras Galegas
Por Oskar Viéitez |
-
'O Diamante Galego' inicia un ciclo de actividades no Centro Social A Pedreira
Por Anxo Lourido |
-
As letras galegas florecen en cada recuncho da Boa Vila este mes de maio
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra reivindica na rúa poder vivir "en galego, aquí e agora"
Por Alejandro Espiño |