Unións Agrarias repartirá "máis de mil quilos de polo" en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O sindicato Unións Agrarias e a Asociación de Criadores de Aves de Galicia (Acriaga) realizarán este xoves un acto de protesta que inclúe unha repartición gratuíta de "máis de mil quilos de polo ".
A protesta terá lugar ás 12,00 horas fronte ao Supermercado DIA, da rúa Joaquín Costa 30, en Pontevedra.
Con este acto estas entidades queren denunciar o uso como produto reclamo que, na súa opinión, fai esta superficie e que "está a levar á ruína" aos produtores.
Aseguran que esta situación dende 2013 xa provocou ou peche de 120 granxas e perdas non sector de máis de 50 millóns, o que está poñendo en perigo máis de 5.000 empregos dada a situación financeira que atravesan produtores, fábricas de penso, matadoiros e industrias de transformación.