Sanxenxo volve degustar 'drink e tapas'
Por Redacción
O concurso 'Sanxenxo Degusta Tapas' chega á súa quinta edición coa participación de 35 locais e 68 tapas, nas súas modalidades creativa e tradicional. Ao mesmo tempo, tamén se organiza o Sanxenxo Degusta Drink no que se selecciona o mellor cóctel.
Nesta ocasión, os locais só poderán participar cun máximo de dúas tapas. Un xurado profesional avaliará as propostas presentadas polos locais, mentres que o público decidirá o gañador popular.
O prezo das tapas mantense en 2 euros sen que se inclúa a consumición, ao igual que nas anteriores edicións.
Os 35 primeiros usuarios que completen a ruta e a entreguen en Turismo de Sanxenxo terán como premio seguro unha comida ou unha cea para dúas persoas nun dos establecementos do concurso.
Tamén se desenvolverá a terceira edición do Sanxenxo Degusta Drink nas mesmas datas que o concurso de tapas. Neste certame está prevista a participación de 13 locais e 23 cócteles, 14 con alcohol e 9 sen alcohol.
O xurado profesional seleccionará os tres mellores cócteles de cada modalidade e a semana posterior ao concurso e antes de publicar os gañadores na modalidade de público, celebrarase un encontro de blogueiros que acudirá aos 6 locais finalistas para escoller ao mellor cóctel con alcohol e ao mellor sen alcohol. O prezo será de 4 e de 3 euros.
Os 26 primeiros usuarios que completen a ruta e a entreguen en Turismo de Sanxenxo terán como premio seguro un lote de produtos promocionais.