A loita contra o furtivismo comisa 21 nasas de polbo sin identificar en Arousa
Por Redacción
Os operativos de loita contra o furtivismo proseguen en todo o litoral galego e no caso das Rías Baixas deixaron na última semana un balance de 316 artes e máis de 381 quilos de peixe e marisco decomisados.
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, desenvolveron varios operativos na Ría de Arousa, sendo o máis significativo un realizado entre Cambados e Vilagarcía.
Os axentes requisaron 21 nasas de polbo sen identificar e máis de 140 quilos peixe e marisco, a maioría volandeira, en dous dos portos máis importantes da ría, despois do Grove.
Ademais, nos últlimos sete días, en Cabo de Cruz os axentes fixéronse cunha embarcación. A maiores, nun labor de inspección desenvolvido en Vigo, os gardacostas comisaron cinco quilos de centola.
En toda Galicia comisaron neste mesmo período máis de 770 quilos de peixe e marisco e incautaron 455 aparellos de pesca en distintos operativos.