Sanxenxo contratará este verán a 60 socorristas e sanitarios para vixiar as praias
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo abriu este venres o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ao proceso de selección de persoal do servizo de vixilancia en praias, a través do que o Executivo local pretende contratar a un máximo de 60 socorristas e sanitarios.
As persoas que superen con éxito as probas formarán parte do equipo que se ocupará de atender as necesidades propias do verán derivadas da afluencia de usuarios aos areais do municipio, que foron distinguidos recentemente con 14 Bandeiras Azuis.
Os interesados en participar neste proceso de selección terán ata o día 9, incluído, para entregar as instancias no rexistro xeral da Casa Consistorial, en horario de 9.00 a 14 horas, e aboar 7,73 euros para participar neste procedemento, pagamento do que estarán exentas aquelas persoas que presenten a tarxeta de demandante de emprego.
"Como cada verán, dende o Concello de Sanxenxo tentaremos ofrecer o mellor servizo posible aos milleiros de usuarios das nosas praias, que un ano máis foron distinguidas co prestixioso ecodistintivo Bandeira Azul por, entre outros requisitos, a seguridade dos areais", recordou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Salvador Durán, ao tempo que subliñou o importante esforzo que leva consigo para a Administración local "lograr ser ano tras ano o municipio de España con máis Bandeiras Azuis".
Relacionadas:
-
Amplían ata o 15 de setembro a presenza de socorristas nas praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Así seleccionan en Sanxenxo os seus vixilantes da praia
Por Diego Torrado |
-
118 personas optan a traballar este verán na vixilancia das praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Canto custa unha bandeira azul?
Por Oskar Viéitez |
-
Os portos de Vilanova, Pedras Negras, Sanxenxo, Portonovo e Combarro manteñen a súa bandeira azul
Por Redacción |
-
Sanxenxo segue a ser o municipio con mais bandeiras azuis, con 14 praias
Por Redacción |