Atribúen os roubos en vivendas da Lama a unha banda organizada de romaneses asentada en Vigo
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A vaga de roubos rexistrada nos últimos meses en vivendas do Concello da Lama pódese atribuír presumiblemente a unha banda organizada de cidadáns de orixe romanesa asentada en Vigo.
ÿ a hipótese principal coa que traballan o Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra e a Garda Civil, que nas últimas horas despregaron un operativo en Vigo no que están realizado rexistros nos domicilios dos supostos ladróns.
A operación segue aberta, pero teríanse producido xa doce detencións e ao longo deste luns estanse a rexistrar os domicilios dos supostos ladróns arrestados para intentar localizar o botín.
Estes individuos foron detidos pola súa presunta relación cunha serie de roubos en outras zonas da provincia, pero a investigación relacionaos fundamentalmente cos da Lama.
Relacionadas:
-
Os veciños da Lama recupéranse da ondada de roubos: "hoy el sentir es de tranquilidad"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Os primeiros veciños da Lama xa recuperaron os obxectos que lles roubaron da súa casa
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Xesta (A Lama) piden a expulsión do país dos detidos como sospeitosos da vaga de roubos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Dous novos roubos en casas deshabitadas manteñen a alerta social na Lama
Por Natalia Puga |
-
O Subdelegado reduce a 14 o número de roubos na Lama no que vai de ano
Por Oskar Viéitez |
-
A Garda Civil aconsella os veciños da Lama ante a vaga de roubos
Por Redacción |