Dous novos roubos en casas deshabitadas manteñen a alerta social na Lama
Por Natalia Puga
Dous novos roubos denunciados ante a Garda Civil manteñen a alerta social entre os veciños da Lama pola vaga de roubos en vivendas deshabitadas.
As dúas denuncias presentáronse este martes no cuartel da Garda Civil de Ponte Caldelas, pero refírense a feitos producidos xa con anterioridade nas parroquias de Antas e Covelo, na Lama, en casas que son segunda residencia de persoas que viven noutros municipios ou no estranxeiro.
Fontes da Garda Civil confirmaron que no caso de Antas, o propietario da vivenda denunciou que o roubo se produciu nalgún momento entre o mes de abril e o 28 de maio. Nesas semanas os donos da vivenda non estiveron e, ao chegar, encontráronse con que había unha fiestra forzada, o interior estaba revolto e faltaban diversos efectos.
Segundo fixo constar na denuncia, as persoas que entraron na vivenda tras forzar a fiestra leváronse un equipo de música, discos de vinilo e unha rozadora, entre outros efectos dos que non concretou o seu valor.
O roubo da vivenda de Covelo denunciouno un familiar, pois os donos viven no estranxeiro. A persoa denunciante sinalou que alguén entrou na vivenda entre o 30 de maio e este luns 2 de xuño tras fracturar unha fiestra, pero non bota en falta ningún obxecto. Para concretar que roubaron haberá que esperar a que regres áLama o propietario.
O último balance público da Garda Civil cifra en 22 o número de roubos producidos na Lama este ano e denunciados no cuartel de Ponte Caldelas. O subdelegado do Goberno, Antonio Coello, recoñecera uns días antes 14 roubos mentres que o voceiro local do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro, elevou xa en maio a 35 o número de feitos rexistrados.
Relacionadas:
-
Os primeiros veciños da Lama xa recuperaron os obxectos que lles roubaron da súa casa
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Xesta (A Lama) piden a expulsión do país dos detidos como sospeitosos da vaga de roubos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Atribúen os roubos en vivendas da Lama a unha banda organizada de romaneses asentada en Vigo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Garda Civil cifra en 22 os roubos rexistrados na Lama
Por Redacción |
-
O alcalde acusa a Enrique Vaqueiro de crear un "falso" clima de inseguridade cidadá na Lama
Por Redacción |
-
O Subdelegado reduce a 14 o número de roubos na Lama no que vai de ano
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide a dimisión do subdelegado do Goberno polo seu "desleixo" ante a vaga de roubos na Lama
Por Redacción |