O Subdelegado reduce a 14 o número de roubos na Lama no que vai de ano
Por Oskar Viéitez
O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, rebaixou a 14 o número de roubos perpetrados en vivendas do municipio da Lama no que vai de ano.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, transmitiu este luns a súa preocupación ao Subdelegado nunha reunión na que participou o xefe en funcións da Comandancia de Pontevedra da Garda Civil, Fernando Pedreira, acordando un reforzo das patrullas na zona.
Sobre as pescudas en marcha para o esclarecemento dos roubos, Coello apuntou que "hay varias líneas de investigación en marcha y estoy convencido de que darán fruto en un tiempo prudencial" e engadiu que o traballo da Garda Civil "va por muy buen camino".
O subdelegado quixo tranquilizar a diversos núcleos de poboación, nos "que por su dispersión vamos a reforzar las patrullas y trabajar en la prevención que es como realmente se evitan este tipo de delincuencia". Deseguido Antonio Coello recordou que "en general" os niveis de delitos na Lama "son positivos" pero que "en un momento determinado hay un repunte y lógicamente salta la alarma".
Neste sentido o Subdelegado do Goberno negou a información facilitada polo PSdeG-PSOE da Lama que asegurou que o número de casas roubadas se eleva a 35 durante este ano 2014, sendo as parroquias máis afectadas as de Xesta, Seixido, Antas e Covelo.
Antonio Coello rebaixou a 14 o número de roubos, dos cales nos tres primeiros meses do ano se denunciaron tres asaltos en vivendas ao mes e os cinco restantes terían sucedido en abril, "no son treinta", insistiu.
Hai uns días, o voceiro dos socialistas, Enrique Vaqueiro, responsabilizou o subdelegado do Goberno polo "desleixo evidente" que demostrou ante a "ondada de roubos".
Relacionadas:
-
Atribúen os roubos en vivendas da Lama a unha banda organizada de romaneses asentada en Vigo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Dous novos roubos en casas deshabitadas manteñen a alerta social na Lama
Por Natalia Puga |
-
O alcalde acusa a Enrique Vaqueiro de crear un "falso" clima de inseguridade cidadá na Lama
Por Redacción |
-
O PSOE pide a dimisión do subdelegado do Goberno polo seu "desleixo" ante a vaga de roubos na Lama
Por Redacción |
-
A Garda Civil aconsella os veciños da Lama ante a vaga de roubos
Por Redacción |