Chegan as Festas do Verán: máis de 200 actividades lúdicas e culturais do 5 de xullo ao 6 de setembro
Por Alejandro Espiño
As Festas do Verán de Pontevedra chegan con máis actividades que nunca. E en 2014 empezarán antes. Dende o 5 de xullo ao 6 de setembro, serán dous meses de "actividades permanentes e intensas" nas rúas e prazas da cidade, segundo destacou a concelleira de Festas, Carme da Silva, na súa presentación. ÿ unha programación composta por máis de 200 propostas lúdicas, culturais e sociais, pensadas para todo tipo de público.
Segundo Carme da Silva, trátase dunhas festas "cada vez máis participativas", xa que recordou que moitas das actuacións que se inclúen nesta programación se fan en colaboración con asociacións veciñais, empresariais, culturais ou sociais da cidade, que participan co Concello de Pontevedra na súa organización. En total, inverteranse, ao igual que nos dous últimos anos, 900.000 euros nestes dous meses.
Nesta ocasión, as Festas do Verán comezarán o sábado 5 de xullo. Farao co Entroido de Verán, organizado pola Asociación de Hostaleiros da cidade, e que este ano estará ambientado nos anos 70. O venres 11 de xullo será a tradicional Romaxe de San Bieito, que volverá celebrar no adro do mosteiro de Lérez a súa vertente máis relixiosa e no ámbito da praia fluvial, o seu aspecto máis lúdico e festivo.
A seguinte gran cita serán as festas de Santiaguiño do Burgo, do 24 ao 27 de xullo, que compartirá protagonismo co Festixeve 2014, que o 26 e 27 de xullo, unha festa popular que se celebrará na parroquia de San Andrés de Xeve. Antes da Semana Grande chegarán tamén o ciclo Cinema na Lúa (do 16 ao 20 de xullo), o festival Animatrón (do 29 de xullo ao 1 de agosto), ou o V Festival Itineranta de animación na rúa (do 5 ao 7 de agosto).
A música formará parte desta programación dende o primeiro día co ciclo Música de Bandas (do 5 ao 23 de agosto), no que participarán ademais das de Salcedo e Pontevedra, numerosas bandas e corais galegas. Ademais, do 28 de xullo ao 1 de agosto volven os 15 Bolos, un evento, que trata de mostrar a "gran calidade" dos grupos que ensaian no Local de Música de Pontevedra; e o Festival Brinca na Praza (29 e 30 agosto), no que actúan grupos de rock en galego.
E por suposto, unha nova edición do Festival Internacional de Jazz de Pontevedra (do 21 ao 26 de xullo), que ao igual que o ano pasado contará con varios artistas galegos, xa que segundo destacou Carme da Silva, "Galicia é unha potencia neste estilo musical e ten calidade suficiente para actuar nun festival internacional".
A XXV Feira do Mel (do 9 ao 17 de agosto) e a décimo cuarta Festa do Demo (sábado 23 de agosto) serán dúas das tradicionais propostas para o mes de agosto que se manteñen nas súas respectivas datas. Igual que a Feira Franca, que este ano estará dedicada á astronomía, e que o 5 e 6 de setembro poñerá fin a unhas Festas do Verán, onde haberá un marcado acento galego con 121 grupos e asociacións do país participando nalgunha das súas actividades.
Relacionadas:
-
Catro grupos galegos encherán de ritmo a Praza do Teucro na segunda edición de Brinca na Praza
Por Redacción |
-
Espectáculo pirotécnico para baixar o pano
Por Redacción |
-
Carme da Silva: "Antes as festas eran a procesión, os touros e o baile do casino. Agora todos poden gozar delas"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Volve Itineranta, un festival de animación que promete revolucionar o centro histórico
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Atlántica, Visceral Eyes e Jhonander estrean os primeiros '15 bolos' do verán no centro histórico
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O Burgo volve a sacar á rúa ao seu Santiaguiño para mostrar a súa devoción
Por Redacción |
-
Kiko da Silva, pregoeiro das Festas da Peregrina: "ÿ unha honra moi grande"
Por Alejandro Espiño |
-
A voz do jazz invadirá as Prazas de Pontevedra durante toda a semana
Por Redacción |
-
Exitoso fin de ciclo de bandas de Música no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Actividades para nenos, música e un xantar popular; principais atractivos da XIX edición do Festixeve
Por Alejandro Espiño |
-
O Memorial Ricardo Portela rende homenaxe a 200 anos de instrumentos musicais
Por Diego Torrado |
-
Festa nas dúas beiras do Lérez para honrar ao santo máis 'milagreiro'
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
O Entroido de Verán abrirá a programación das festas estivais centrado nos anos 70
Por Natalia Puga |
-
O Obradoiro García de Riobó (A Estrada), figura central do XV Memorial Ricardo Portela
Por Alejandro Espiño |
-
Richard Bona, Robin McKelle, Eric Bibb e Xan Campos, estrelas do XXII Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Xa se poden solicitar os permisos para organizar comidas e ceas na Feira Franca 2014
Por Redacción |
-
Soziedad Alkoholika, Duncan Dhu, Love of Lesbian, Antonio Orozco ou El Consorcio, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |